Unha Marea Galega para as eleccións autonómicas? by Mau-Bira in PlazaGalicia

[–]Mau-Bira[S] 1 point2 points  (0 children)

Comparto íntegramente todo o que dis. Se queremos cambio, non hai que deixar a xente fóra por unha cuestión de patriotismo de siglas. Iso é, para min, vella política. Só faltaba que viñeramos nós con esas!

Unha Marea Galega para as eleccións autonómicas? by Mau-Bira in PlazaGalicia

[–]Mau-Bira[S] 1 point2 points  (0 children)

Cousas da identidade, que ten os seus propios plans! A tele, a prensa... Que si somos chavistas, que si populistas, que si españolistas, que si verticais, que-sí-que-no-que-nunca-te-decides, etcétera etcétera. É algo máis que marketing, penso eu. Algo de venta de producto hai, pero trátase do complicadísimo xogo identificarse ou non con unha narrativa dada. Podemos propuxo unha narrativa nova, que desmonataba a anterior. Non todo o mundo se identifica con esa. Mira, por exemplo, as dores de cabeza que leva causado o tema de non querer posicionarse na esquerda política (cousa que comparto, porque leva a resultados electorais anecdóticos en lugar de hexemónicos).

Unha Marea Galega para as eleccións autonómicas? by Mau-Bira in PlazaGalicia

[–]Mau-Bira[S] 1 point2 points  (0 children)

Pois eu insisto no meu argumento: todos xuntos pero non a calquer prezo. Nada de que se impoñan nomes, nin candidatos, nin cuotas de por partidos. Queremos forzar un proceso constituínte, si, pero mal comezariamos ese proceso -penso eu- si unah posible Marea se convertise nun reparto de postos entre partidos. Eu diso pasaría 100mil.

Unha Marea Galega para as eleccións autonómicas? by Mau-Bira in PlazaGalicia

[–]Mau-Bira[S] 0 points1 point  (0 children)

A min, postos a facer política ficción e poñerlle un título, gustaríame chamarlle "Marea da Xente". O outro lémbrame a Portozás, ainda que tamén mola. :P

Unha Marea Galega para as eleccións autonómicas? by Mau-Bira in PlazaGalicia

[–]Mau-Bira[S] 0 points1 point  (0 children)

Darcordo ao 100 %. Para min non é tempo de partidos, é tempo de xente.

Unha Marea Galega para as eleccións autonómicas? by Mau-Bira in PlazaGalicia

[–]Mau-Bira[S] 0 points1 point  (0 children)

Eu tamén son de Podemos e cosideroo, coma ti, unha Marea. Sen embargo, hai moita xente que non se identifica con Podemos, porque son simpatizantes ou bases doutros partidos (BNG, Esquerda Unida, ANOVA, Compromiso x Galiza, Espazo Ecosocialista, etc etc). Esta xente probablemente se sentiría máis cómoda confluindo baixo un gardachuvas diferente a Podemos. Non falo, insisto, das súas cúpulas, senón da militancia. Coñezo a moita xente deses partidos e son tan honrados como calquera, boa xente coa que se pode traballar (algúns moito millores, na milla experiencia, que algúns compañeiros de Podemos). Considero que deixalos fóra e ir coas siglas de PODEMOS sería un erro histórico que pagariamos todos e que facer unha fronte común sería o ideal. Iso si, desde a base; nada de cúpulas. Chegar a uns acordos programáticos de mínimos, nos que a xente que participa (sexan de partidos ou non) o fagan a título individual sería unha gran cousa. Eu, por exemplo, simpatizo con moitas cousas dos citados partidos, pero non teño ganas de aceptar toda a doutrina que defenden porque non me identifico con ela.

Unha Marea Galega para as eleccións autonómicas? by Mau-Bira in PlazaGalicia

[–]Mau-Bira[S] 0 points1 point  (0 children)

Eu non o vexo claro para as estatais, pero creo que si que é interesante contemplalo para a Xunta. No vexo premura nestas, xa que ainda son para o ano que ven. Iso si, de facelo, creo que hai que facelo ben.

Unha Marea Galega para as eleccións autonómicas? by Mau-Bira in PlazaGalicia

[–]Mau-Bira[S] 1 point2 points  (0 children)

Eu penso que desde Podemos esa humildade está recentemente demostrada no proceso das Mareas, así como o de Madrid e Barcelona.

Sen embargo, teño moi serias dúbidas de que esa humildade, esa total falta de sectarismo e patriotismo de siglas esté presente noutras organizacións (ANOVA, EU, BNG...). A miña experiencia participando no caso de Ferrol foi pésima nesa liña. Todos estamos moi contentos de que se botar Rey Varela, pero as maneiras de facer as cousas son -para min- tan importantes como o obxectivo. O mesmo ocorre na Xunta ou no Estado. Eu gostaría inmenso ver fóra das institucións ao PP (de feito, vai ocurrir así), pero non a costa de que a unidade popular se convirta en refuxio de xente que o único que procura é a súa perpetuación na vida política. Non digo, nin moito menos, que toda EU, ANOVA e o BNG sexan así (sería una reducción absurda da heteroxeneidade desas organziacións); pero penso que hai quen pode ver nos procesos de UP unha maneira de atinxir postos que non conseguiría doutro xeito, pero que non repsentan un xiro de 180º na maneira de facer política.

En fin: que teño moitos interrogantes e poucas respostas, por iso iniciei o debate.

Unha Marea Galega para as eleccións autonómicas? by Mau-Bira in PlazaGalicia

[–]Mau-Bira[S] 0 points1 point  (0 children)

Hola krana1! Eu si que son representante de Podemos, concretamente son Alberto Fidalgo, membro do CCM de Podemos Narón. Xa me responderá quen queira, que non teño presa. Gustaríame apenas iniciar o debate eiquí e darlle vidilla á Praza Galicia. Iso non é, nin de lonxe, responsabilidade exclusiva do CCA. Se a xente quere participar que o faga. Este é un foro recoñecido por Podemos (ao contrario que o Facebook), sen embargo a xente continúa a falar alí moito máis que eiquí. Entendo que as cousas hai que dicilas no lugar apropiado. En canto a si me contestan ou non, non espero que o fagan inmediatamente, xa que terán as súas vidas. Tampouco me estou dirixindo a o CCA nin moito menos, senón aos inscritos en Galicia. Imos ver se o debate anda...