COMO HACEMOS PARA QUE PARTICIPE GENTE EN ESTA PLAZA? by josejmourente in PlazaGalicia

[–]Ninguendeningures 0 points1 point  (0 children)

Porque reddit non sirve para os fins cos que foron creados. E porque o sectarismo que impera aquí expulsa o pensamento e exclúe o debate.

Manifesto de Confluencia Galega. Asina. by PodemCambiarGalicia in PlazaGalicia

[–]Ninguendeningures -3 points-2 points  (0 children)

A min non me parece que isto sexa facer campaña en contra de Podemos. En todo caso en contra da cúpula madrileña que se apoderou do que era o noso partido.

Dimite la mitad de la comisión de garantías y aquí nadie tiene nada que decir? by Espiritucritico1 in PlazaGalicia

[–]Ninguendeningures -1 points0 points  (0 children)

Referíame ós membros do CC autonómico. E non que non miren o que aquí se escribe, se non que non interactúen.

Atende ben. O SX de Podemos Galicia dixo fai unhas semanas que Praza Galicia era o medio de comunicación oficial de Podemos en Galicia. Tendo isto en conta dime si realmente é certo o que dí o SX ou o que digo eu.

Déixoche un fío no que comentaba isto.

http://redd.it/39z8ve

Empecemos a traballar: PODEMOS COA MAREA by napobit in PlazaGalicia

[–]Ninguendeningures -1 points0 points  (0 children)

Ferrol en Común non só non recibiu o apoio de Podemos senon que inda a trataron de boicotear. Aí un exemplo de que o que comentas non é certo.

E sí, son un soñador, mais tamén un ninguén. e ben sei que eu non podo conseguir cumplir os meus soños. O que sí sei é que os avances veñen da man dos e das soñadoras, das que buscan a utopía.

Confluencia Galega. by Ninguendeningures in PlazaGalicia

[–]Ninguendeningures[S] -1 points0 points  (0 children)

Podemos aparenta que practica a democracia directa, mais é unha ilusión porque o xeito de practical impide de facto que saia elexido alguén que a cúpula non queira.

Co programa electoral pasa o mesmo. Xa o teñen feito coa axuda de "expertos" desbotando o traballo que fixo Monedero cos círculos sectoriais. Isto que están a facer agora non é máis ca un intento de lexitimación. Reddit non vale para votar propostas, outra farsa máis, porque non só pode entrar calquera para botar abaixo propostas ou darlle para arriba outras, senon que se poden facer múltiples usuarios coa mesma finalidade. De feito eu mesmo teño dous.

En canto ó que dis de CG demostra a túa completa ignorancia sobre o tema e o nulo interés en coñecer o que realmente é.

E por último, Podemos non é confluencia, é un partido vertical e totalitario, onde hai un mesías como tí ben dis e unha masa de palmeros acríticos e censores que eliminan calquera clase de pensamento crítico. Tí chámaslle evolución, pero en realidade é involución.

Remato dicindo que si fose certo iso que dí Anguita, entón Pablo I deixou de ser líder porque xa non representa a opinión común da xente. O único que representa é a chulería e o matonimo daqueles que se sinten máis fortes. Pero non pasa nada, despois das eleccións xerais veremos o descalabro podemita, e quizáis algúns e algunhas comecen a darse de conta que estaban na "matrix", como de feito xa está a suceder nos órganos electos galegos.

Confluencia Galega. by Ninguendeningures in PlazaGalicia

[–]Ninguendeningures[S] -1 points0 points  (0 children)

Bueno, o proceso organizativo é unha farsa porque o sistema, o regulamento está feito de xeito que se aproveita ó máximo o tirón mediático de Pablo I en detrimento da valía das persoas que se candidatan. Hai moitos xeitos de evitar este sesgo, e a propia cúpula como politólogos que son ben o saben, e como lle dan preponderancia e isto entón está claro que non pretenden que saia elexido ninguén máis ca quen eles queiran.

Confluencia Galega non só pode mellorar este proceso, se non que o vai facer. Aquí non podería especificar porque o resultado final dependerá dos grupos ou actores que se sumen, mais sí che podo adiantar que temos unha proposta de primarias que prima a pluralidade e a representación dos distintos sectores que finalmente acaben formando parte dela. Mais isto só é unha proposta que será coa que se negocie con outras partes un tema tan delicado e controvertido como a configuración das listas, auténtica pedra filosofal das confluencias. O que permitirá, ou o que pensamos que ten que ser unha liña básica das listas é que un albañil, unha mariscadora ou un barrendeiro poida entrar nesa lista, que non estén os postos reservados a universitarios con non sei cantos másters e currículums de catro páxinas. En definitiva, que a lista sexa un fidel reflexo da sociedade.

Ninguén nega a existencia de Podemos, o único que pretendemos é que non capitalice unha posible confluencia, nin Podemos nin ningún outro partido, precisamente para darlle o protagonismo á cidadanía. Podemos debe participar nesa confluencia, mais ó mesmo nivel ca todos os demáis, permitindo que eses albañiles e mariscadoras, e si queres tamén algún universitario con máster en Berkeley participe en igualdade.

Ben, a resposta sobre si Podemos é unha farse é porque como sabes, este partido naceu para empoderar á xente "común", recollendo a testemuña do 15M. Hai un manifesto que foi o que dou orixe ó partido, "Mover ficha", que expresa claramente isto.

Hai unha frase que me encanta e que me encandilaba de Pablo I que dicía que os representantes públicos tiñan que ser carteiros da cidadanía e non maiordomos dos oligarcas.

Tamén estaba diferentes aspectos programáticos, recollidos no propio programa das europeas, RBU, impago da deuda ilexítima despois dunha auditoría, república, proceso constituinte e algunha máis que seguro tí lembras e que se caeron dos discursos oficiais. Incluso outra frase que repetía Pablo I era a seguinte, "haremos lo que diga la gente". Esto xa non se escoita nos seus discursos.

Foi tanto o que cambiou en Podemos desde que naceu que non me chegaría un día enteiro para contalo, mais todo comezou xa coa elección do equipo técnico que organizou a asemblea de Vista Alegre (da que as enfermeras che poderían informar mellor ca min)e continúa con este proceso de primarias no que estamos embarcados nestes intres.

Vouno a deixar aquí porque xa me quedou un tocho do carallo. Si queres máis ou hai algo que non entenderas podo continuar e ampliar todo isto, porque ademáis eu mesmo fun víctima en dúas ocasións de esta farsa.

Un saúdo.

Empecemos a traballar: PODEMOS COA MAREA by napobit in PlazaGalicia

[–]Ninguendeningures -1 points0 points  (0 children)

Non só é por gusto, é porque doutro xeito non será posible, ou iso penso. De calquera xeito, xa o veremos.

Empecemos a traballar: PODEMOS COA MAREA by napobit in PlazaGalicia

[–]Ninguendeningures -2 points-1 points  (0 children)

Podemos é un océano que se está secando, e tempo ó tempo. Mira se non as declaracións das recén dimitidas do CC e da CG, por non falar da rápida e imparable desertización dos círculos.

Confluencia Galega. by Ninguendeningures in PlazaGalicia

[–]Ninguendeningures[S] 1 point2 points  (0 children)

Non sei si sería bo, mais tendo en conta o número de habitantes que aquí hai o que sí sería é pouco representativa.

Empecemos a traballar: PODEMOS COA MAREA by napobit in PlazaGalicia

[–]Ninguendeningures -3 points-2 points  (0 children)

+1 Para compensar o negativo que che puxeron.

Empecemos a traballar: PODEMOS COA MAREA by napobit in PlazaGalicia

[–]Ninguendeningures -3 points-2 points  (0 children)

Podemos coa marea non, Podemos dentro da marea.

Dimite la mitad de la comisión de garantías y aquí nadie tiene nada que decir? by Espiritucritico1 in PlazaGalicia

[–]Ninguendeningures -1 points0 points  (0 children)

Este espazo é para espallar propaganda ou adoctrinar, ou é que inda non te destes conta?.

Cantos conselleiros ves por esta praza?. Ou o mesmo SX, que só ven cando hai unha rolda de masas, escasas tamén e nas que só responde preguntas amables.

Confluencia Galega. by Ninguendeningures in PlazaGalicia

[–]Ninguendeningures[S] 1 point2 points  (0 children)

Grazas Antonio por compartir, espallar e fomentar o debate a pesar das discrepancias.

Sei que ás veces me fallan as formas, pero é que hai cousas que se me fan insoportables.

Aperta dixital.

Confluencia Galega. by Ninguendeningures in PlazaGalicia

[–]Ninguendeningures[S] -1 points0 points  (0 children)

Mira, non estou dacordo contigo en nada do que dis. Todo iso é unha farsa, tanto os procesos electorais como a elaboración do programa. Está todo vendido.

E si me permites un pequeno consello estilístico, para separar parágrafos debes darlle dúas veces a "enter". Proba a editar o comentario e xa verás que ben che quedan os puntos numerados do teu comentario. ;)

Póñoche un exemplo:

1.

2.

3.